Jácome crea polémica ao tuitear que Ourense non pode competir coa costa

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volveu suscitar polémica este luns por un tuit no que enxalzaba unha imaxe da costa para lamentar que a cidade das Burgas non pode competir con este escenario "cunhas termas a beira do río".

A mensaxe, que tamén sorprendeu por estar escrita en galego, concitou respostas airadas e irónicas. "Un alcalde ten que sentirse a persoa máis namorada da súa cidade (...) Unha mágoa que non comprendas a grandeza da nosa terra", replicou desde Cs Montserrat Lama.

Comentarios