O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volveu a gañarse a súa fama de polémico ao aventurarse a criticar o cantante Joaquín Sabina cando aínda está convalecente e ingresado tras caerse do escenario en pleno concerto e ser intervido dun hematoma intracraneal. Con ton de burla, o rexedor publicou un comentario nas súas redes sociais censurando o artista xienense por acudir a tratarse a un hospital privado, a clínica Ruber.
"Ao pobre Joaquín Sabina... non lle cumpriron o soño de levalo á magnífica Seguridade Social", escribiu con sorna, acompañando o comentario cunha montaxe de dúas fotografías, unha do cantante e outra do expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, os dous facendo o coñecido como 'xesto da cella' co dedo. "Tras a súa caída e hematoma intracraneal aténdeno na luxosa clínica Ruber, que é moito peor opción, xa que a privada só busca beneficios. ¿Ou só era para os demais?", completa o seu crítico texto o líder de Democracia Ourensana, que encabeza ademais cun emoticono dun Pinocho mentireiro.
🤥Al pobre Joaquín Sabina... no le cumplieron el sueño de llevarle a la magnífica Seg. Social, y tras su caída y hematoma intracraneal 😷 🚑 lo atienden en la lujosa clínica Ruber 🏥, que es mucho peor opción ya que la privada solo busca beneficios💰 o sòlo era para los demàs? pic.twitter.com/2TbX2TL1l9
— gonzalo perez jacome (@gonzalojacome) February 14, 2020
O seu comentario levantou balbordo entre os internautas e moitos criticaron que non tivese en conta o que é un accidente laboral e os convenios coas mutuas.
Unha vez mais demostrando que es un ignorante e un palurdo.
Vai a onde lle toca polo seu seguro, que é accidente non posto de traballo.— Montacabras (\EsAbascal) February 14, 2020<>