A Catedral de Santiago expón mellorar a seguridade porque ''hai moito terrorista solto''

Os responsables da catedral de Santiago de Compostela cren conveniente mellorar os sistemas de seguridade do templo ante posibles ameazas terroristas, porque "hai moito terrorista solto".

O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, deu unha rolda de prensa para coñecer as contas do templo do exercicio 2014, baixo a premisa de "  este momento histórico que vivimos é complexo", no sentido de que "hai moito terrorista solto", segundo precisou, aínda que sen concretar se esta era unha alusion ás ameazas yihadistas.

Neste sentido, precisou que "hai alarmas que non dependen de que alguén vaia roubar un cepillo ou danar unha peza de valor histórico" cando "tamén está a seguridade das persoas".

Neste sentido, Lorenzo asume que "haberá que seguir avanzando nos desenvolvementos de protocolos de seguridade" , algo que, segundo indicou  supera as competencias e a capacidade económica do templo compostelán.

"Estamos a aludir a proxectos que nos exceden, pero loxicamente temos que reflexionar e pedir a quen nos asesoran que nos dean o seu parecer sobre todas estas cuestións", concretou.

Sobre este asunto, o deán Segundo Pérez admitiu que son numerosas as persoas asiduas á basílica e os peregrinos que expresan as súas queixas sobre as medidas de seguridade en momentos determinados, algo de cuxa competencia se desentiende, xa que segundo concretou, "iso non depende de nós, iso depende dunhas normas ditadas con sentido lóxico por parte das autoridades".

"Toda a seguridade é pouca, porque as ameazas e esas cousas que é mellor que non se saiban, iso está aí",  matizou o deán.

Tamén o administrador da catedral, Francisco Domínguez, aludiu ás medidas de control implantadas na xestión do templo e asegurou que "é imposible" que se poida repetir un caso similar ao do roubo do Códice Calixtino e á subtracción de diñeiro, xa que, a día de hoxe, dispón de medios  "para saber se se producen oscilacións ou non", e precisou que se trata dun modelo homologado por unha firma consultora externa "que certifica que os procedementos son seguros".

Comentarios