Lanzan catro artefactos incendiarios en Tui nunha zona próxima ás vivendas
14 de septiembre de 2019 (21:00 h.)
Os dispositivos parécense aos empregados polos equipos de rescate marítimos
Os veciños de Areas, en Tui, viviron un episodio de alarma o pasado martes por mor de catro artefactos incendiarios que foron lanzados nunha zona próxima ás vivendas.
O primeiro deles, segundo informa a TVG, caeu no tellado dunha vivenda, cuxo inquilino escoitou ata outros tres estalidos próximos.
Os veciños organizaron entón unha batida polo monte, onde atoparon dous dos artefactos, que foron entregados á Garda Civil.
Os dispositivos eran similares ás bengalas utilizadas polos servizos de urxencia marítimas para facerse ver a distancia.