Cáelle unha viga enriba en Rois e resulta ferido
03 de marzo de 2015 (16:10 h.)
Un home resultou ferido ao caerlle encima unha viga no municipio coruñés de Rois, informou o 061.
A alerta ao servizo de urxencias produciuse pouco logo das 11:00 horas e ao lugar desprazáronse as dotacións dunha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como persoal do CSP do municipio.
O ferido é RMB, de 65 anos, quen foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).