Leve repunte dos contaxios en Galicia

Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén
Galicia rexistra este mércores 1.096 casos activos por coronavirus, 64 menos que no reconto previou, ata un total de 1.096, e experimenta un leve repunte de contaxios diarios, con 40, por 29 anteriores.

A presión asistencial deixa 57 pacientes ingresados, un menos; 15 deles en unidades de críticos (-1) e 42 (cifra invariable) en cama convencional, segundo os datos de vinte e catro horas facilitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e solicitados ata as seis da tarde do martes.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 182.210 persoas, das que se recuperaron 178.512 e faleceron 2.636, dúas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, todas seguen en descenso, coas de Ferrol e de Pontevedra por baixo dos cen casos e as da Coruña, Lugo e Vigo aínda por encima dos dous centenares.