Libre sen fianza o home detido en Marín por unha presunta agresión sexual
07 de enero de 2019 (15:27 h.)
Compareceu este luns ante o xuíz
O home detido o sábado en Marín acusado de ser o autor dunha agresión sexual foi posto en liberdade sen fianza este luns tras comparecer ante o xuíz.
O xulgado de instrución número dous de Marín acordou, no entanto, a práctica de máis probas en relación cos feitos, sobre os que o acusado e a muller que o denunciou manteñen versións contrapostas.