Os líderes políticos peinan Galicia ante a decisiva cita deste domingo
Chamaron á participación nuns dos comicios máis rifados dos últimos anos
Os partidos políticos puxeron este venres cunha chamada á participación o punto e final a unha das campañas máis rifadas dos últimos anos, con dous procesos electorais case seguidos que poden cambiar por completo o mapa político e a apenas un ano doutra cita decisiva, a dos comicios autonómicos galegos.
Deste xeito, sobre a decisión da Mesa do Congreso de suspender dos seus cargos aos catro deputados cataláns en prisión preventiva, comentou Rajoy que a medida lle parece "ben" e que "non facía falta que o dixesen os letrados" da Cámara Baixa, mentres que Feijóo cargou contra as "dúbidas" que tivo o PSOE antes de tomar a determinación cando, ao seu xuízo, había unanimidade para suspendelos do seu cargo.
Despois, tomaron camiños separados e en Ferrol, onde Feijóo se encargou da clausura desta longa xornada, emprazou a elixir o 26M "moderación e xestión", en lugar de "estridencias", mentres que en Celanova, localidade á que se desprazou Rajoy ao finalizar un paseo electoral por Ourense entre selfis e autógrafos, insistiu nese mesma mensaxe da temperanza e en que o seu partido non é "unha cuadrilla" e si unha organización política seria, non "afeccionados", que se presenta para gañar. "Nin pandilleiros nin adoctrinadores", salientou.
"Ninguén pode quedar na casa", pediu, e avisou de que "temos que conseguir gobernos socialistas nos concellos" porque enfronte hai "unha dereita reaccionaria disposta a pactar coa ultradereita se lle dan as contas", polo que nesta cita coas urnas espera de novo ver a Núñez Feijóo coa "cara desencaixada".
No que Caballero ve como o seu feudo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, solicitou o respaldo á súa forza por ser "garantía" dunha Galicia mellor. "O BNG demostra nos concellos que sabemos gobernar, que hai outra forma de facer política e que outra Galicia é posible", proclamou a nacionalista.
E os alcaldes do cambio despedíronse antes do crucial escrutinio cada un á súa maneira. No caso de Jorge Suárez (Ferrol en Común) cun acto final precedido dun almorzo no que dixo que prevé un gran resultado; Martiño Noriega (Compostela Aberta) cunha Festa da Alegría con música, humor e picoteo na que emprazou a "darlles nos morros aos tristes"; e na Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) cunha invitación a reflexionar sobre "quen é quen" para exercer o dereito que a todos asiste "coas razóns do corazón".
Xa en Val do Dubra (A Coruña) o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras avogou por municipios "por e para a xente" e confesou que está "defraudado" por ver que non se estivo á altura do que o "pobo loitador" demandaba. Ante o crucial da cita do domingo, os líderes políticos dos principais partidos apuraron, todos, os seus últimos cartuchos.