A lista de espera da dependencia galega mellora en dez puntos a media

Pechouse 2023 con case 5.600 atendidos máis, pero o gasto por persoa cae por segundo ano
Galicia atendió en 2023 a 5.588 nuevos dependientes. EP
photo_camera Galicia atendeu en 2023 a 5.588 novos dependentes. EP

Galicia atendeu en 2023 a 5.588 novos dependentes, un 8,21% máis, superando a media estatal do 7,49%. Proporcionalmente, tamén quedan menos persoas no limbo –coa dependencia xa recoñecida pero aínda á espera de recibir prestación–, con 3.537, case 2.300 menos que deixan a taxa no 4,68%, fronte ao 11,44% de España. E a lista de espera, no 4,85%, é case dez puntos máis baixa. Con todo, hai 346 persoas que faleceron sen chegar a ser atendidas. É dicir, que dos 1.430 galegos que abandonaron a lista de espera de resolución de prestación, o 16,57% foi pola súa morte e non pola xestión da Xunta. 

Os dependentes atendidos en Galicia subiron de 68.103 a 73.691 persoas entre o 31 de decembro de 2022 e o do ano pasado, segundo o informe presentado este luns pola Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais. Igualmente, aumentaron por encima da media estatal as solicitudes de dependencia –de 79.633 a 83.919, un 5,38% máis–; as persoas valoradas –de 79.015 a 83.386, un 5,53%– e de cidadáns con dereito a prestación –de 71.374 a 75.584, o 5,9% máis–. Así, entre xaneiro e decembro incrementouse a atención en todos os servizos e prestacións do sector, fóra da atención domiciliaria (-1.217). E logo de tres anos desde a pandemia, séguese sen recuperan o nivel previo na atención residencial (-1.080). 

Menos gasto

O gasto por dependente, de 4.726,8 euros, baixa por segundo curso e queda a distancia dos 6.103,4 euros da media. Tamén dos 6.459 euros que se investían en 2009 –entón, esa media estatal tamén era máis alto, de 7.909–. E iso que o plan de choque para a mellora do sistema da dependencia supuxo un aumento do financiamento público do Estado 47,3 millóns en Galicia o ano pasado. O gasto certificado do último exercicio publicado, o de 2022, reflexa que a Xunta reduciu a súa achega en 9,5 millóns.

Comentarios