Localizada en bo estado a moza de 27 anos desaparecida o luns na Coruña

Apareceu ao pouco tempo de difundirse a súa desaparición polas redes sociais

Lara Fernández, la joven desaparecida en A Coruña. EP
photo_camera Lara Fernández, a moza desaparecida na Coruña. EP

A moza de 27 anos que permanecía desaparecida desde o pasado luns na Coruña foi localizada na noite do venres, segundo informa a organización SOS Desparecidos.

Lara Fernández Iglesias, que faltaba do seu domicilio desde o 28 de xaneiro, foi localizada en bo estado horas despois de difundirse o aviso, a través das redes sociais, da súa desaparición.