Localizan a un menor inconsciente nunha piscina privada de Taboadela

O mozo foi trasladado ao Hospital Cristal, en Ourense

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este venres a un menor que foi localizado inconsciente cando se bañaba nunha piscina privada en Taboadela.

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias ( CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 20:00 horas deste venres tras as chamadas de auxilio dos veciños. Así, desde o 112, avisouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao mozo, en estado semiinconsciente, ao Hospital Cristal.

Paralelamente, desde o 112, tamén se informou ao axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, que colaboraron neste operativo