Achan o cadáver dunha persoa flotando no mar na Guarda
12 de septiembre de 2019 (16:11 h.)
As autoridades investigan as causas do suceso
O cadáver dunha persoa foi localizado este xoves flotando no mar na Guarda, informaron fontes do 112 Galicia.
Os servizos de urxencia traballan no rescate do corpo e investigan as circunstancias do suceso.
Pasados dez minutos do mediodía, un particular deu a voz de alerta ao centro coordinador de urxencias, que puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil e o GES da Guarda.
Este particular indicaba que a embarcación que avistou ao cadáver flotando estaba a aproximadamente unha milla e media de Portocelo.