Atopada unha menor en coma etílico nunha rúa de Vigo

Un veciño encontrou á moza, que foi trasladada ao hospital

Restos de un botellón. AEP
photo_camera Restos dun botellón. AEP

Unha menor foi localizada este sábado pola noite en coma etílico na vía pública en Vigo e tivo que ser trasladada a un centro hospitalario. Foi un veciño quen deu a voz de alarma ás 22.58 horas tras atoparse á moza na rúa co que a el lle parecía unha intoxicación por exceso de alcol.

Efectivamente, segundo informou a Policía da cidade olívica, a menor estaba en coma etílico, polo que foi evacuada a un centro sanitario e informouse aos seus pais do suceso.

Pouco tempo  despois, axentes que patrullaban pola zona centro observaron que dun establecemento 24 horas saía un adulto que portaba unha  bolsa con bebidas. Os axentes achegáronse ao home, de 37 anos, e comprobaron que levaba unha botella de whisky, polo que entraron no establecemento e identificaron á dependenta do local,  informándolle da prohibición  de vender alcol entre as 22.00 e as  09.00 horas. Os responsables do local poderían ser sancionados cunha multa de entre 3.000 e 6.000 euros.

Comentarios