O fogar galego examínase

O IGE arrinca este luns o proceso de recollida de información en máis de 9.200 vivendas para a próxima edición anual da súa 'Enquisa estrutural' sobre as familias na comunidade
Una mujer lava los cacharros
photo_camera Una mujer lava los cacharros

O Instituto Galego de Estatística (IGE) arrinca este luns o proceso de recollida de información en máis de 9.200 vivendas para a próxima edición anual da Enquisa estrutural a fogares, que finalizará no mes de xuño e cuxos resultados estarán listos en decembro.

Esta enquisa, de carácter oficial, está incluída na Lei do Plan Galego de Estatística 2012-2016 e realízase desde o ano 1999. O seu obxectivo principal é o estudo do características socio-económicas e as condicións de vida dos fogares galegos, informou a Xunta nun comunicado.

O traballo de campo consistirá na recollida de información sobre unha mostra aleatoria de 9.126 fogares repartidos por toda Galicia. Aos entrevistados realizaránselles preguntas relativas á idade, nivel de estudos, ocupación, situación laboral ou ingresos e gastos do fogar. Ademais, inclúese no cuestionario un módulo específico sobre equipamento e características básicas das vivendas galegas e outro sobre a mobilidade. En total, está previsto que nesta sondaxe participen unhas 23.000 persoas.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta na que se lle comunicará aos interesados a obrigación que teñen de facilitar os datos, tal e como establece a Lei de Estatística de Galicia, normativa que garante a confidencialidade de todos os datos que lle sexan proporcionados ao IGE. En concreto, os datos obtidos están protexidos polo segredo estatístico e tan só pódense utilizar cunha finalidade estritamente estatística.

Comentarios