Máis de 80 concellos galegos poderán utilizar xa a tecnoloxía 5G
A operadora Telefónica confirmou que 82 concellos galegos poderán utilizar xa a tecnoloxía 5G e que a final deste ano serán xa 52 máis, ata 134, de forma que o 74% dos galegos poderá gozar da ultra banda ancha de Telefónica.
Avanzárono este luns responsables da compañía en Santiago, onde Telefónica confirmou o encendido desta tecnoloxía chamada a revolucionar o mundo da comunicación. O responsable de Telefónica en Galicia, Manuel Ángel Alonso
Internet de quinta xeración está dispoñible para o
Telefónica se avanzou que as sete cidades xa teñen as redes 5G despregadas e acesas. A tecnoloxía aplicada en Galicia para o 5G por parte de Telefónica é a Non Stand Alone.
O 5G permite, por exemplo, descargar unha película en casa en segundos ou ver un partido de fútbol desde calquera ángulo. Tamén se aplica aos moviles que empezaron a incorporar esta tecnoloxía e só Telefónica ten en marcha 12 proxectos piloto de casos de uso para o 5G, que pode mellorar o diagnóstico médico a distancia, a coordinación das urxencias, o turismo virtual, a educación online, etc.
Manuel Ángel Alonso recordou que a cobertura 3G e 4G en Galicia é a mellor de España e equiparable a calquera país de Europa, cun 98,5% do territorio con banda ancha e máis dun millon de fogares e empresas con fibra. Esta base permitiu agora despregar con máis facilidade o 5G, aínda tendo en conta que a galega é a comunidade “máis complexa” a nivel orográfico.