En Marea pide ao Porto toda a información sobre o lugar do accidente do Marisquiño

A documentación servirá para delimitar con claridade as responsabilidades deste suceso

Vista de la pasarela que se derrumbó durante uno de los conciertos del festival. SALVADOR SAS (EFE) - O Marisquiño
photo_camera Vista da pasarela que se derrubou durante un dos concertos do festival. SALVADOR SAS (EFE) - O Marisquiño

O portavoz de En Marea, Luís Villares, solicitou á Autoridade Portuaria de Vigo toda a información relativa ao estado e ás tarefas de mantemento realizadas nos últimos anos na zona na que se produciu o accidente do Marisquiño.

Unha documentación que servirá, segundo asegurou esta formación política nun comunicado, para delimitar con claridade as responsabilidades deste suceso provocado polo derrube dunha pasarela nun concerto deste festival de deporte e música e que deixou máis de 400 feridos.

RESPONSABILIDADES. "Non é de recibo que as partes implicadas continúen botando balóns fóra e eludindo dar explicacións claras e concisas que permitan aclarar o sucedido", incidiu Villares.

O portavoz de En Marea tamén considera "imprescindible" revisar os termos da autorización concedida á organización do festival, así como todos os informes técnicos relacionados coa seguridade.

O convenio Abrir Vigo ao Mar, o Plan de Autoprotección ou os informes técnicos remitidos pola Autoridade Portuaria a outras administracións ou entidades públicas son algúns dos documentos que solicitou En Marea. 

Comentarios