María del Carmen, María e Manuel, os nomes máis frecuentes en Galicia

En canto aos apelidos, García predomina en A Coruña; López en Lugo e Rodríguez en Ourense e Pontevedra

Registro civil. AEP
photo_camera Rexistro civil. AEP

María del Carmen, María e Manuel son os nomes máis populares en Galicia, segundo o Instituto Nacional de Estadística (Ine), mentres que García, Rodríguez e López son os apelidos con máis presencia na comunidade. 

En concreto, María del Carmen é o máis popular na Coruña, Lugo e Pontevedra, mentres que María o é en Ourense. Respecto dos homes, Manuel é o máis frecuente nas catro provincias. En canto aos apelidos, García predomina na Coruña; López en Lugo e Rodríguez en  Ourense e Pontevedra.

No conxunto estatal, Antonio e María del Carmen seguen sendo os nomes máis comúns en España, segundo os últimos datos, correspondentes a 2018. No caso dos recentemente nados, cuxos últimos datos corresponden a 2017 e xa foran publicados, Lucas e Lucía son os máis populares entre os máis pequenos en España. 

En total, en España hai 678.425 homes que se chaman Antonio, un nome que lidera unha clasificación en cuxos primeiros dez postos aparecen José (594.144), Manuel (590.965), Francisco (498.934), David (365.196), Juan (346.867), José Antonio (310.134), Javier (306.504), Daniel (296.281) e José Luís (293.564). 

No caso das mulleres, hai 656.276 María del Carmen ás que seguen 606.048 María, 391.563 Carmen, 276.682 Josefa, 273.319 Ana María, 266.967 Isabel, 263.141 María Pilar, 259.216 María Dolores, 256.381 Laura e 251.492 María Teresa. A idade media dos homes que se chaman Antonio é de 55,9 mentres que no caso de María Carmen é de 57 anos.

No 'top ten' dos homes, a idade media máis nova corresponde a Daniel (27 anos) mentres que no caso das mulleres é Laura (28,4 anos). 

Precisamente, en canto ás mulleres con menor idade, figuran Cataleya (1,8), Arya (2,1), Ritaj (2,5), Hidaya (3,8), Rodayna (4,3), Abrar (4,4), Jare (5) Tasnim (5,5) ou Nor (5,8); mentres que na listaxe masculina aparecen Neizan (3,4) Leo e Enzo (4,3), Thiago (4,7) Gael (5,3), Liam (5,9), Luka (6), Nico (6,1) ou Cesc (6,2) entre outros. 

GARCÍA, Á CABEZA. En canto ao apelido máis frecuente, xa sexa primeiro ou segundo, é García, con 1.464.633 (en primeiro lugar), seguido de Rodríguez (925.137), González (925.137), Fernández (914.028), López (869.461), Martínez (832.270), Sánchez (816.476), Pérez (777.361), Gómez (491.138) e Martín (487.881). En 2017, García repetiu no primeiro posto, seguido por González e Rodríguez, que deste xeito intercambian posicións en 2018. 

Recentemente nados
Entre os máis pequenos, Lucía e Lucas son os nomes máis frecuentes entre os recentemente nacidos en 2017, segundo a última estatística do INE que recolle os cen nomes máis comúns en España dos 391.930 nenos inscritos no Rexistro Civil no exercicio pasado. Lucas desbancou por primeira vez desde o ano 2013 a Hugo como o nome preferido polos proxenitores, mentres que Lucía continúa liderando o ranking das recentemente nacidas desde 2002.