María Osório, de Resistencia Galega, sairá do cárcere o xoves

María Osório interviniendo por videoconferencia en un acto antes de ser detenido. AEP

A Audiencia Nacional condenouna, xunto a Antom Santos, a cumprir 10 anos de prisión, fallo que foi recorrido pola defensa ao Tribunal Supremo, que reduciu a condena a sete anos e nove meses. 

A independentista María Osório, que foi condenada por pertenza a Resistencia Galega, sairá este xoves, 6 de setembro, do cárcere de Mansilla de las Mulas (León) na que se atopa actualmente, tras estar case seis anos presa, segundo informa Causa Galiza. 

En xuño de 2013, María Osório sentou no banco dos acusados xunto aos presos Roberto Rodríguez Fialhega, Antom Santos Peres e Eduardo Vigo Domingues. Os cargos que se lle imputaron foron os de pertenza a organización terrorista e falsificación de documentos. 

A Audiencia Nacional condenouna, xunto a Antom Santos, a cumprir 10 anos de prisión, fallo que foi recorrido pola defensa ao Tribunal Supremo, que reduciu a condena a sete anos e nove meses. 

O tribunal concluíu que Santos e Osório formaban parte da "estrutura que o independentismo radical violento mantén en Galicia" e que participaron en encontros e prepararon a documentación falsificada que portaban os outros dous detidos. 

En 2014, Osorio estivo en busca e captura ata que foi detida en Ponferrada (León). "Quérenme deter por vivir en dignidade, porque pertenzo a unha xeración de galegos que optou pola loita para dignificar a súa existencia", manifestou por entón a través dunha videoconferencia durante un acto convocado en Santiago para que a independentista explicase a súa situación antes de ser detida. 

Precisamente, no cárcere de Mansilla de las Mulas recibiu a visita este ano da eurodiputada Lídia Senra, quen denunciou a dispersión de presos e reclamou á UE a súa abolición. Respecto diso, censurou que con esta situación viólanse" os dereitos humanos, ao estar os reclusos galegos repartidos en diversos cárceres do territorio estatal por centos de quilómetros das súas familias