Noriega defende o acto dos alcaldes das candidaturas de unidade popular

O rexedor de Santiago recordou aos portavoces municipais de PSOE e PP que estes líderes "representan a máis de 8 millóns de persoas"

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, defendeu os actos organizados o sábado polos alcaldes de candidaturas de unidade popular ante as reiteradas acusacións de "partidismo", e recordou aos portavoces municipais de PSOE e PP que estes rexedores "representan a máis de oito millóns de persoas".

A preguntas dos medios tras as novas críticas que consideran insuficiente que Compostela Aberta asuma os gastos da visita á capital galega, Noriega insistiu en que non é "partidario da flaxelación" e lamentou que o portavoz socialista "empeza a parecerse ao portavoz do Partido Popular".

Neste sentido, insistiu en que se tratou dunha recepción de alcaldes "que representan a máis de oito millóns de persoas no conxunto do Estado", e considerou que "algúns aínda non entenden o que pasou en maio" tras os comicios nin tampouco "o que é unha cuestión de vontade democrática e respecto institucional".

Por otro lado, preguntado por se hai noticias sobre novos prazos das obras de Conxo, Noriega sinalou que aínda se descoñecen, pero que están "en permanente contacto" con Fomento, aínda que considerou que a data do 31 de decembro "non poderá ser" o límite tras o atraso de seis meses nas obras.

Comentarios