Martiño Noriega, disposto a repetir como candidato nas municipais

Martiño Noriega. JUAN CARLOS NORIEGA (EFE)

O rexedor anunciou a súa dispoñibilidade na asemblea de Compostela Aberta

O alcalde da capital galega, Martiño Noriega, anunciou este xoves na asemblea da súa formación, Compostela Aberta, a súa dispoñibilidade a ser de novo candidato nas eleccións municipais que se celebrarán en 2019.

Tal determinación fíxoa pública logo de falar cos concelleiros que conforman o seu actual equipo de goberno na cidade. Pero xa será este venres ao mediodía, despois precisamente da reunión co seu Executivo, cando se pronuncie con máis detalle sobre este asunto.