Morre afogada unha muller de 67 anos nunha piscina de Pontevedra

Ambulancia do 061. ARQUIVO

Unha muller de 67 anos faleceu afogada na noite deste luns nunha piscina de Pontevedra.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao fío das 22.00 horas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida da vítima.

No operativo tamén participou a Policía Local e Bombeiros de Pontevedra.