Morre en Mos o condutor dun camión tras caer por un terraplén

A vítima ten 32 anos

El camión que se despeñó por un terraplén en Mos. SXENICK
photo_camera El camión que se despeñó por un terraplén en Mos. SXENICK

Un home duns 30 anos faleceu este mércores ao precipitarse por un terraplén o camión que conducía no municipio pontevedrés de Mos.

O accidente tivo lugar nunha pista transitable na zona da Gándara e o condutor quedou atrapado no interior do camión sinistrado.

Un particular deu a alerta ao redor das 15.00 horas e deu indicacións ao 112 de que o accidente tivo lugar na contorna da estrada entre O Porriño e Redondela. 

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño e os de Vigo, ademais da Garda Civil, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.