Morre o condutor dun camión de lixo na Coruña tras envorcar o seu vehículo
Ademais, outros dous traballadores resultaron feridos
O condutor dun camión para a recollida do lixo faleceu na madrugada deste venres logo de envorcar o vehículo que manexaba na rotonda de Lonzas, na Coruña.
Ademais, e segundo informa a TVG, outros dous traballadores resultaron feridos o sinistro.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 4:30 horas mediante as chamadas de alerta de varios veciños que viron envorcar o camión e pedían axuda para o condutor, atrapado debaixo do vehículo.
Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos servizos sanitarios de urxencia, Policía Local e aos Bombeiros da Coruña, que enviaron ao momento dúas dotacións co obxectivo de liberar á vítima. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida do home.
Tamén foi necesaria a utilización dun guindastre para a retirada do vehículo.