Morre un home ao envorcar o seu tractor en Vilaboa
10 de julio de 2020 (02:47 h.)
Un home de 73 anos veciño de San Adrián de Cobres, no municipio pontevedrés de Vilaboa, morreu este xoves ao envorcar o tractor co que estaba a traballar. Atendendo á información da TVG, cando se rexistrou o accidente estaba a transportar leña.
A alerta mobilizou os Bombeiros, Garda Civil, Protección Civil e efectivos sanitarios, que non puideron facer nada por salvar a vida do home.
Atendendo á información facilitada por fontes de Protección Civil, o home quedou atrapado polo tractor.
Outro accidente de tractor cobrouse unha vida esta mesma semana en Santa Comba, onde a estructura da máquina tamén atrapou o conductor ao envorcar.