Morre un home tras quedar atrapado debaixo dun tronco na Laracha

O suceso tivo lugar na parroquia de San Bieito de Golmar

Un home faleceu a media tarde do venres tras quedar atrapado debaixo do tronco dunha árbore en A Laracha, segundo informou este sábado o servizo de urxencias 112 Galicai. 

Sobre as 18.15 horas os servizos de urxencia recibiron unha alerta, na que se indicaba que había un home en estado inconsciente e que estaba atrapado debaixo dun tronco nunha cuneta da parroquia deSan Bieito de Golmar. 

O servizo de urxencias 112 Galicia mobilizou ao servizo de urxencias 061, á Garda Civil, á Policía Local, a bombeiros de Bergantiños e a Protección Civil. Con todo, ao chegar ao lugar, unicamente puideron confirmar o falecemento.