Morre un motorista nunha colisión contra un turismo en Larouco
18 de agosto de 2018 (17:07 h.)
O accidente produciuse na N-120
Un motorista morreu nun accidente no que o seu vehículo chocou contra un turismo na N-120 ao seu paso polo municipio ourensán de Larouco.
Tal e como informou o 112, o aviso do accidente deuno un particular sobre as 12.30 horas, de modo que se mobilizou ao 061, aos bombeiros de Valdeorras e a Protección Civil de Larouco.
Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, os servizos de urxencias sanitarias non puideron facer nada por salvar a vida do motorista, xa que xa falecera antes de que chegasen.
O 061 mobilizou unha ambulancia da PAC do Barco e un helicóptero que non chegou a aterrar.