Morre un motorista ao saírse da vía en Porto do Son

A moto do falecido tras o accidente en Porto do Son. GARDA CIVIL

Un condutor resultou ferido grave tras sufrir un accidente en Ortigueira

Un motorista perdeu a vida na madrugada deste domingo tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola parroquia de Goiáns, no municipio coruñés de Porto do Son. 

Segundo informa o 112, foron varios os particulares que deron o aviso á central de urxencias ás 1.30 horas desta madrugada para pedir asistencia médica urxente para un motorista tendido na estrada inconsciente. 

Seguidamente, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que, pouco despois, confirmaron o falecemento do condutor. 

Ata o lugar tamén se desprazaron unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que, unha vez realizadas as correspondentes investigacións, aclararon que o motorista se saíu da vía pola marxe dereita, tal e como confirman fontes da Benemérita. 

De igual modo, para colaborar no operativo, o 112 informou aos voluntarios de Protección Civil de Porto do Son e aos bombeiros de Ribeira, a pesar de que a vítima estaba liberada e accesible. 

FERIDO GRAVE EN ORTIGUEIRA. O condutor dun turismo resultou ferido de gravidade nun accidente ocorrido en Ortigueira (A Coruña) ás 20,30 horas deste sábado, ao saír despedido do vehículo que manexaba, polo corredor de Espasante a Cuíña. 

Segundo explicaron os servizos de urxencias ao 112 Galicia, o turismo sinistrado saíuse da vía e envorcou. A causa do impacto, o home saíu despedido e resultou ferido de gravidade, polo que tivo que ser evacuado por Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.