Morre unha muller de 33 anos nunha colisión en Dumbría

Accidente mortal en Dumbría. TWITTER
Un home de 59 foi evacuado con feridas de diversa consideración

Unha moza de 33 anos de idade faleceu na mañá deste venres e un home resultou ferido nunha colisión rexistrada no municipio coruñés de Dumbría. 

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 10.40 horas no quilómetro 83 da estrada AC-552 sentido Fisterra. 

Debido ao sinistro, após o que tivo que ser excarcerada a vítima, foron mobilizados o 061, Guardia Civil de Tráfico, Bombeiros de Cee, Protección Civil de Dumbría e persoal de mantemento da vía. 

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia, o equipo sanitario de Dumbría e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar da muller N.A.E., de 33 anos, mentres que a aeronave trasladou ao Hospital Virxe da Xunqueira ao home R.C.M., de 59 anos.