Morre unha muller de 68 anos atropelada por un tren preto do apeadeiro de Foz
27 de junio de 2018 (23:32 h.)
O tráfico ferroviario estivo cortado durante tres horas
Unha muller de 68 anos de idade faleceu este mércores tras ser atropelada por un tren de Feve en Foz. A vítima é veciña da parroquia focense de Vilaxoane.
A liña estivo cortada durante tres horas. Segundo informa o 112, ao redor das 18.30 horas recibiu o aviso. O convoi, que facía a ruta entre Ferrol e Oviedo, levaba cinco pasaxeiros que puideron continuar a súa viaxe por estrada.
Foron avisados profesionais sanitarios, os Bombeiros de Barreiros e forzas da orde co fin de esclarecer as circunstancias que rodearon o suceso. O maquinista fixo soar o claxon pero descoñécese se a vítima estaba a cruzar ou caeu sobre as vías.