O pai de Mariano Rajoy será enterrado este venres en Pontevedra

Mariano Rajoy Sobredo faleceu en Madrid aos 97 anos

Mariano Rajoy, a su llegada al Tanatorio San Marcos junto a su hijo. RAFA FARIÑA
photo_camera Mariano Rajoy Sobredo, nunha imaxe de arquivo. RAFA FARIÑA (ADP)

O pai do expresidente do Goberno Mariano Rajoy, Mariano Rajoy Sobredo, faleceu este xoves en Madrid aos 97 anos, segundo confirmaron fontes do PP.

Os restos mortais de Rajoy Sobredo, nacido en Santiago de Compostela, foron trasladados ao Tanatorio San Marcos de Pontevedra, até onde se desprazou na tarde deste xoves o expresidente do Goberno xunto a varios familiares.

Rajoy Sobredo será enterrado este venres no panteón familiar do cemiterio pontevedrés de San Mauro, segundo fontes dos servizos funerarios.

Mariano Rajoy Sobredo, en una imagen de archivo. RAFA FARIÑA (ADP)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Rajoy Sobredo foi presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, onde permaneceu como maxistrado até a súa xubilación.

O presidente do PP, Pablo Casado, manifestou a través dunha mensaxe na súa conta oficial de Twitter o seu "sentido pésame" a Rajoy, a quen envía un "caloroso abrazo", así como aos seus irmáns e ao resto da familia. Casado lamenta o falecemento de "un home bo e admirado que soubo transmitir os mellores valores aos seus".

Rajoy Sobredo tivo catro fillos coa súa muller, Olga Brey López, que faleceu en 1993, dos que o expresidente do Goberno Mariano Rajoy é o primoxénito.