Morre o traballador que se cortou un brazo nunha madeireira de Coristanco
20 de septiembre de 2018 (16:55 h.)
O operario cortouse un brazo e non puido recuperarse das graves feridas
O operario que sufriu un accidente laboral o pasado mércores nunha fábrica madeireira do municipio coruñés de Coristanco faleceu horas despois no Hospital da Coruña a consecuencia da gravidade das feridas que presentaba.
O accidente produciuse ao redor das 17,45 horas nunha fábrica situada na Braña, ata onde se desprazou un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 que evacuou ata o CHUAC ao traballador, que se atopaba en estado grave. Cortouse un brazo de raíz.
Alí, segundo confirmaron este xoves fontes sanitarias, o home faleceu no complexo hospitalario a consecuencia das feridas derivadas do sinistro.