Morre un traballador e outro resulta ferido nun accidente laboral no Porriño
15 de febrero de 2020 (17:32 h.)
O falecido é un veciño de Tomiño
Un accidente laboral no polígono da Granxa, en O Porriño, deixou este sábado un traballador sen vida e outro ferido. Segundo informa o 112 Galicia, a vítima mortal faleceu no acto ao caerlle un palé enriba. Trátase dun veciño de Tomiño.
Os operarios estaban cargando un camión sobre as dúas da tarde cunha elevadora cando o cesto virou e a carga atrapou un deles, que faleceu. O outro sufriu danos e tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Ata o polígono desprazáronse efectivos do 061, os Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local.