Morre un septuaxenario atropelado en Arteixo
02 de marzo de 2015 (15:30 h.)
Un septuaxenario perdeu a vida a media mañá deste luns en Arteixo atropelado por un turismo.
M.C.G., de 79 anos, morreu ao redor das 12.20 horas desta mañá na localidade coruñesa tras ser embestido por un turismo.
Ata o punto do sinistro desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061.