Localizado en bo estado de saúde o menor desaparecido en Moaña

A nai do menor denunciara a súa desaparición tras perderlle a pita este luns

O mozo de 15 anos de Moaña que levaba desaparecido desde o luns foi localizado en bo estado de saúde, segundo informa a Garda Civil.

A súa nai denunciara o caso tras perderlle a pista o pasado luns, cando o menor saíu da súa casa, na parroquia de Tirán, para coller o autobús e ir ao colexio, situado no concello de Redondela. 

Unha das hipóteses que barallaron era que o rapaz podía terse marchado pola súa propia vontade.