Unha muller resulta ferida en Lugo tras sufrir un atropelo nun paso de peóns
29 de noviembre de 2018 (11:39 h.)
O accidente rexistrouse este xoves pouco antes das 07.00 horas
Unha muller de 60 anos de idade resultou ferida tras ser atropelada por un turismo nun paso de peóns da Rúa Catasol de Lugo.
O suceso rexistrouse pouco antes das 7.00 horas deste xoves, segundo informa a Radio Galega.
Foi un particular quen se puxo en contacto cos servizos de urxencia.