Dez municipios galegos están en nivel vermello de incidencia do coronavirus

Son sete de Ourense, Marín, Vilagarcía e Ames

A Xunta facilita desde este venres o mapa da incidencia do coronavirus nos distintos concellos de Galicia, unha información na que destacan dous parámetros: a acumulada nos últimos sete días e a acumulada nos últimos 14. 

O mapa establece catro niveis de alerta –verde, amarelo, laranxa e vermello–, unha categorización que tamén ten en conta se se trata de municipios de menos ou máis de 50.000 habitantes.

En Galicia hai dez municipios en nivel vermello, a maioría en Ourense: a propia capital, Barbadás, Pereiro de Aguiar, O Carballiño, O Barco, Monterrei e Verín. Tamén están en nivel 4 Ames, Marín e Vilagarcía.

A taxa acumulada en Galicia a 7 días é de 62 por 100.000 habitantes e a 14 elévase a 11 por cada 100.000 habitantes, unhas cifras que sitúan á comunidade como a terceira de España con menor impacto do virus. Todos estes datos son a data do 7 de outubro, polo que aínda non se contabilizan os do xoves.

Setedías

Incidencia acumulada nos últimos 14 días

Mapa 14 días

A. Municipios de menos de 50.000 habitantes
► Nivel 1 (verde): menos de sete casos novos á semana.
► Nivel 2 (amarelo): entre 7 e 13 casos novos & nbsp;semana.
► Nivel 3 (laranxa): entre 14 e 20 casos novos á semana.
► Nivel 4 (vermello): 21 ou máis casos máis casos novos & nbsp;semana.
B. Municipios de máis de 50.000 habitantes
► Nivel 1 (verde): menos de 28 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
► Nivel 2 (amarelo): entre 28 e 55 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
► Nivel 3 (laranxa): entre 56 e 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
► Nivel 4 (vermello): 112 ou máis casos novos á semana por 100.000 habitantes.