A neve volve con forza e complica o tráfico en Lugo

"Se agora neva sobre a xeada que se formou, mañá será moi difícil saír de casa"

La A-6, a la altura de O Ceao. ELISEO TRIGO
photo_camera La A-6, a la altura de O Ceao. ELISEO TRIGO

A neve regresou con forza este luns de Entroido á provincia de Lugo, onde a cota se sitúa nos 400 metros, o que deixou copiosas nevadas en moitas zonas nas que non é tan habitual como a propia capital, Vilalba ou Monterroso.


A principal consecuencia foi a complicación do tráfico en moitas estradas. A circulación a camións e articulados estivo prohibida durante más dunha hora en varios puntos da A-6: en Outeiro de Rei (Lugo) e en Coirós (A Coruña).

Debido a esta circunstancia habilitáronse puntos de embolsamento de camións ata que se levantou a prohibición para a súa circulación, polo que a DXT pediu que se extremase a precaución.

A prohibición para circular camións activouse, en cambio, pouco antes das once horas na A-8, entre os quilómetros 536, en Lourenzá, e 592.
 

Neve en Vilalba

WhatsApp Image 2018-02-12 at 10.42.52

Ademais de na Autovía do Noroeste, a prohibición afectou tamén á N-634, no quilómetro 535 en Teixeiro (A Coruña), onde tamén se habilitaron puntos para embolsamento de camións. Segundo informa a Garda Civil de Tráfico, a neve que comenzou a caer de forma copiosa obrigou a restrinxir o paso para camións e vehículos articulados.

Os axentes de Tráfico obrigaron a parar aos camións que estaban a circular neses momentos nas zonas mencionadas á espera de que as condicións da rede viaria mellorasen e de que actuasen os medios de conservación.

También houbo moitos problemas para circular esta mañá a causa do xeo en estradas da rede secundaria de Lugo en municipios como A Fonsagrada, Navia de Suarna ou Becerreá.

ALERTA POLO XEO. O vicepresidente da Diputación de Lugo e responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, informou de que o dispositivo de vialidade invernal da institución provincial está en situación de alerta como consecuencia das grandes placas de xeo que se formaron a causa do desxeo e das baixas temperaturas da pasada noite en quince municipios lucenses.

Martínez precisou que a auga procedente do desxeo das nevadas da semana pasada conxelouse durante a pasada noite en moitos puntos da rede viaria deses municipios, todos eles con estradas en cotas altas, co que "se formaron placas de xeo importantes" e "os coches vanse como nada".

Por iso, o dispositivo de vialidade invernal estase centrando en "esparxer sal" por toda esa parte da rede viaria provincial, pero aínda que a previsión da Diputación de Lugo é darlle un repaso a todas as estradas no día de hoxe, Martínez precisou que nin así se pode garantir a seguridade dos usuarios. "Se agora neva sobre a xeada que se formou, mañá será moi difícil saír de casa", recoñeceu Martínez.

Volve nevar en Lugo. A.C

PREVISIÓN. A comunidade volve rexistrar unha nova entrada de aire frío procedente do Atlántico norte, o que provocou un descenso das temperaturas. Ademais, está en alerta amarela a costa lucense por ventos de más de 70 quilómetros por hora e ondas superiores aos catro metros. 

A cota de neve ira subindo ata situarse en 800 metros ao final do día.

Temperaturas nas principais cidades galegas, segundo Meteogalicia

A Coruña 6° 10°
Ferrol 5° 10°
Ourense 4° 10°
Pontevedra 3° 10°
Vigo 4° 11°
Santiago de Compostela 4° 9°

Neve na Praza do Ferrol, en Lugo. A.C.

Comentarios