O litoral galego permanecerá en alerta laranxa durante este martes a causa das ondas do mar
11 de febrero de 2020 (09:29 h.)
A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior recomendan afastarse da praia e de lugares baixos
Segundo informa Meteogalicia, o litoral galego permanecerá durante este martes en alerta laranxa. Os ventos costeiros e o nivel das ondas do mar son os causantes do aviso.
A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior recomendan afastarse da praia e de lugares baixos que poidan verse afectados as mareas.
Ademais, pide non aparcar os vehículos en zonas que poidan verse afectadas, xa que nestas condicións o mar adquire "condicións extraordinarias" e pode chegar a arrastrar, tanto obxectos como persoas, ás proximidades do mar.