Observan a varios golfiños xogando cunha balea azul fronte á costa de Corrubedo
27 de agosto de 2018 (21:37 h.)
Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute falan de "momento acuático incriblemente máxico"
O equipo de investigación do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) capturou co seu cámara unha imaxe moi difícil de ver no mar: golfiños xogando cunha balea azul.
Este momento "acuático incriblemente máxico", tal e como o definen os propios científicos, foi gravado fronte á costa de Corrubedo.
Ao compartir o vídeo, o BDRI quere "animar aos nosos gobernos a aplicar medidas de conservación e unha xestión adecuada das actividades humanas nestas augas".