As oficinas e caixeiros de Abanca recuperan a normalidade

Una oficina de Abanca. EP
photo_camera Unha oficina de Abanca. EP

As oficinas e caixeiros de Abanca recuperaron a normalidade este mércores tras emendar o fallo técnico nas comunicacións que lle afectou o martes. 

Con todo, a entidade financeira informa de que segue traballando para recuperar "a funcionalidade do resto dos servizos" e pide de novo desculpas polas molestias causadas. 

Os caixeiros automáticos e o servizo de banca electrónica de Abanca estiveron durante este martes varias horas sen funcionar debido a unha incidencia.