Un operario ferido grave ao caer polo oco dun ascensor en Ponteareas

O home realizaba o mantemento do elevador cando sufriu o accidente

Un operario resultou ferido grave ao caer polo oco do ascensor que revisaba en Ponteareas.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18.30 horas deste mércores no lugar de Alemparte cando o traballador realizaba o mantemento dun elevador e cayo polo oco desde unha altura equivalente a dous pisos. 

Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado grave.

Ademais dos profesionais sanitarios, ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e a Garda Civil para coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso.