Piden axuda para localizar unha muller que desapareceu este martes en Ribadeo
12 de junio de 2019 (00:57 h.)
Ten 40 anos, é morena e mide ao redor de 1,60 metros de estatura
Efectivos de Protección Civil de Ribadeo e da Garda Civil puxeron en marcha un operativo na costa ribadense para tratar de localizar unha muller que falta do seu domicilio en Vilaselán desde a mañá deste martes. A procura está a realizarse entre Illa Pancha e As Catedrais.
Laura López Saavedra, de 40 anos de idade e ao redor de 1,60 metros de estatura, é morena e co pelo curto. No momento da súa desaparición vestía pantalón vaqueiro e xersei de cor violeta con flores, segundo a persoa que deu o aviso.