A oposición alerta das "graves" consecuencias da falta de persoal sanitario

PSOE, En Marea e BNG esixen explicacións polo ocorrido este sábado no PAC da localidade pontevedresa

Bancada de la oposición en el Parlamento gallego. AEP
photo_camera Bancada da oposición no Parlamento galego. AEP

PSOE, En Marea e BNG piden explicacións explicacións tras a morte dun home de 65 anos, este sábado, mentres esperaba para ser atendido no PAC da Estrada

A oposición alerta das consecuencias "moi graves" de que falte persoal sanitario nos centros.

Representantes de PSOE e BNG así o denunciaron ás portas da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, onde mostraron o seu apoio a traballadores do 061 concentrados en contra do traslado, precisamente, á Estrada. 

A preguntas dos xornalistas, o portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga, rexeitando referirse a casos "concretos", si lamentou as "disfuncións con consecuencias" dunha política que, ao seu xuízo, xera altos "niveis de tensións" na sanidade galega.  En calquera caso, destacou que, de haber responsabilidades, deberán "dirimirse" noutro ámbito. 

Leiceaga lamenta as 'disfuncións con consecuencias' dunha política que xera 'altos niveis de tensións' na sanidade galega

A continuación, o deputado e portavoz de sanidade do grupo na Cámara, Xullo Torrado, censurou a "ausencia de persoal" pola redución de recursos. "Causa consecuencias moi graves e tamén problemas a longo prazo", incidiu. 

Pola súa banda, a responsable destes asuntos no Bloque no Pazo do Hórreo, Montse Prado, asegurou que tanto o persoal do PAC na comunidade como o seu grupo viñan avisando de que as "condicións extremas" destes profesionais terían "consecuencias". "(Viñan avisando) que isto ía ocorrer", aseverou. 

Prado: O persoal dos PAC e o BNG viñan avisando que isto ía ocorrer

Así, lamentou "a primeira morte" nestas circunstancias e adiantou que os nacionalistas van "pedir responsabilidades", apuntando a dirixentes de Sanidade e o Sergas. 

Sánchez: A falta de medios humanos e profesionais acaba tendo consecuenciass

Pola súa banda, o viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, denunciou que a morte dese paciente produciuse "sen que nese momento estivese no PAC un médico", xa que o facultativo de garda saíra do centro a atender outra urxencia.

"Non queremos anticipar nada, pero si que xa anunciamos que esiximos desde En Marea explicacións do acontecido", expresou o parlamentario da candidatura de confluencia, que sinalou que a súa formación sempre participou das mobilizacións en favor "de máis recursos humanos" nos centros de saúde galegos.

"A falta de medios humanos e profesionais", engadiu Sánchez, "acaba tendo consecuencias" polo que reclamou que a Xunta cambie as súas políticas sanitarias.

Comentarios