Ortigueira conmemora o décimo aniversario de 'O mellor banco do mundo'

Panorámica do coñecido como banco máis bonito do mundo, que un veciño emprazou hai unha década na parroquia de Loiba, en Ortigueira. EP

Para celebrar a súa primeira década de vida celebrouse unha misa en honra á Virxe do Carmen

A localidade coruñesa de Ortigueira conmemorou este domingo o décimo aniversario de 'O mellor banco do mundo', colocado por Rafael Prieto Fernández en 2009 e desde o que se pode contemplar unha "impresionante" vista da costa situada entre Estaca de Bares e Cabo Ortegal

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou este domingo a costa de Loiba para acudir á celebración. 

Para conmemorar a súa primeira década de vida celebrouse unha misa en honra á Virxe do Carmen unha ofrenda floral en homenaxe aos mariñeiros e mariscadores falecidos no mar, segundo explicou a Xunta nun comunicado.