Os bombeiros de Arzúa traballan para controlar unha vertedura de xurro nun afluente do río Tambre

Unha greta nun tanque dunha explotación gandeira provocou o derrame. Os servizos de urxencia descartan que haxa perigo para a poboación

Os bombeiros de Arzúa traballan para controlar unha vertedura de xurro nun afluente do río Tambre acontecido na mañá deste venres na parroquia de Castro. Os servizos de urxencia descartaron que haxa perigo para a poboación.

Unha greta nun tanque de xurro dunha explotación gandeira provocou o derrame, que alcanzou a estrada DP-1004 e a un afluente do río que pasa pola capital galega, segundo informou o CAE-112 Galicia.

Os bombeiros construíron unha barreira para evitar que a vertedura chegue ao río Tambre. Así mesmo, membros da explotación gandeira e técnicos dunha empresa de xestión de residuos tamén traballarán na zona con cisternas e máquinas de succión para eliminar o xurro.

Comentarios