Oubiña recupera a liberdade absoluta tras asinar os papeis da prisión condicional
06 de septiembre de 2018 (21:32 h.)
Laureano Oubiña saíu en liberdade condicional en marzo de 2017
Laureano Oubiña acudía este xoves a Pontevedra para asinar nos xulgados, por última vez, os papeis da liberdade condicional. O coñecido como un dos narcotraficantes galegos máis importantes cumpriu tres condenas por tráfico de haxix a gran escala, unha por branqueo de capitais e dous por delitos fiscais que lle fixeron pasar máis de dúas décadas da súa vida en prisión.
En marzo de 2017, saíu en liberdade condicional ata este xoves que asinou por última vez ante a traballadora social na subdelegación do Goberno de Pontevedra.