Pablo Iglesias visita por sorpresa os traballadores de Alcoa na Coruña
O líder de Podemos reclama ao Goberno que interveña as factorías que a empresa planea pechar en Galicia e Avilés para evitar a súa clausura
Iglesias tamén emprazou o presidente do Goberno a reunirse cos traballadores da planta de Alcoa na Coruña, "unha das xoias da coroa da industria española", e a que paralice o Expediente de Regulación de Emprego (Ere) extintivo que afectaría aos 686 traballadores da multinacional no conxunto das mencionadas fábricas.
"O Goberno de Aznar privatizou Alcoa cando era perfectamente rendible", denunciou o líder de Podemos, quen pediu ao Executivo que "demostre o seu patriotismo" protexendo "os traballadores e ás súas familias", o que serviría como "vacúa" ante "os discursos reaccionarios".
O secretario xeral de Podemos visitou a planta acompañado do líder da formación morada en Galicia, Antón Gómez-Reino, a deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz, o deputado autonómico Manuel Lago e o concelleiro de Emprego da Coruña, Alberto Lema.