A ministra de Xustiza, Dolores Delgado, reunirase o vindeiro luns día 15 de outubro con Juan Carlos Quer, pai da moza Diana que morreu asasinada o verán de 2016 na Pobra do Caramiñal, para presentarlle a campaña pola Non Derrogación da Prisión Permanente Revisable.
Esta campaña é unha iniciativa cidadá que conta co respaldo de máis de tres millóns de firmas e o apoio, segundo as últimas enquisas, de sete de cada dez españois.
Juan Carlos Quer estará acompañado de Blanca Estrella, presidenta da Asociación Clara Campoamor. A reunión comezará ás 13.30 horas e a cita será na sede do Ministerio de Xustiza.