Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

Os Palleiros busca a un home que lanzou unha cadela preñada ás súas instalacións

Imaxes do home lanzando a Kolda ás instalacións dos Palleiros
Imaxes do home lanzando a Kolda ás instalacións dos Palleiros

O individuo foi gravado polas cámaras da protectora ► Kolda sobreviviu e tivo cinco cachorros aos poucos días, aínda que un morreu

A protectora pontevedresa dos Palleiros reclamou a colaboración cidadá para dar cun individuo que o pasado 4 de febreiro lanzou a unha cadela por riba do muro das súas instalacións de Campañó. Kolda, como así a bautizaron os responsables da protectora, estaba preñada e uns días despois pariu cinco cachorros, unha das cales morreu ao pouco tempo.

Os Palleiros comparteu este mércores o vídeo no que se ve ao home arroxando á cadeliña Kolda. "A pequeniña que aparece arrastrada e despois lanzada polo aire é Kolda. O que non sabemos é qué é o tipo de ser que a tira por encima da porta... pero si sabemos que ten cero escrúpulos", indican desde a protectora. 

Nunha mensaxe compartida no seu perfil da Facebook, Os Palleiros describe a lamentable escena: como o individuo empurrou "repetidas veces" á cadela cando estaba sobre o muro e intentaba "aferrarse para non caer".

"Por desgraza, o caso de Kolda non é unha excepción. É o pan noso de cada día para os que nos movemos por este mundo. O que pasa é que non sempre temos un vídeo que mostre tan claramente o sangue frío do que abandona", engaden os responsables dos Palleiros.

Por todo iso reclaman a colaboración cidadá para identificar ao autor duns feitos ocorridos o pasado 4 de febreiro á primeira hora da madrugada, concretamente ás 0.46 horas.

Os Palleiros busca a un home que lanzou unha cadela preñada ás súas...