O partido Xuntos Actúa denuncia a líderes de Vox por delitos de odio

Considera que a formación de Abascal é "un grupo antisocial e fascista"

Santiago Abascal. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)
photo_camera Santiago Abascal. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)

O novo partido político Xuntos Actúa, vinculado coa plataforma xestada a nivel nacional por personalidades como Baltasar Garzón ou Cristina Almeida, anunciou este luns a interposición dunha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado por delitos de odio contra diversos dirixentes da formación Vox. 

Nun comunicado, asegurou que a medida incide no grupo e en tres dos seus integrantes, e alude ao seu líder nacional, Santiago Abascal; o seu candidato á Xunta de Andalucía, Francisco Serrano, e a súa presidenta en Cuenca, Inmaculada Sequí.

A formación atribuíu a partido e dirixentes delitos de odio "contra grupos de reivindicación de xénero e defensa dos dereitos das mulleres, así como contra diversos colectivos de inmigrantes".  Ao seu xuízo, Vox é un "grupo antisocial e fascista", feito que subliñou "precisamente este luns por ser o Día Internacional dos Dereitos Humanos".

Neste sentido, Xuntos Actúa avogou por unha "defensa sen concesións e innegociable dos dereitos humanos". En paralelo, pediu "a liberdade dos presos políticos cataláns" con motivo da citada xornada mundial polos dereitos humanos, e apostou por esixir "garantías sobre un xuízo xusto" para os mencionados dirixentes do sector independentista de Cataluña.

Para explicar a interposición da demanda ante a Fiscalía Xeral do Estado, representantes de Xuntos Actúa celebrarán este martes unha rolda de prensa no Ateneo de Ferrol. 

Comentarios